top of page

Raquel Cespón Romero

O meu nome é Raquel, son de Rianxo e estudo Ciencias Políticas e da Administración.


Aínda que o meu camiño na fotografía acabe de comezar dunha forma medianamente formal, lembro que dende pequena me gustou ver as cámaras por dentro, e non nego que en máis dunha ocasión estragara algún que outro carrete.

Na actualidade intento formarme en algo de técnica en diversos cursos impartidos mediante a Universidade de Santiago de Compostela. Fotografío normalmente cousas ou persoas cercanas a min, e (gracias a un dos cursos aos que me refiro anteriormente), veño de rematar o meu primeiro proxecto fotográfico e de comezar un novo.

Certamente sei que dun xeito ou doutro, a fotografía me acompañará o resto da miña vida.
 

E por iso estou aquí.

(Rianxo, 1990)

bottom of page