top of page

Manuel Paz

Son, no momento de escribir estas liñas, un recén chegado ó mundo da fotografía creativa. As miñas exploracións neste campo están sendo posibles grazas á formación adquirida nos cursos impartidos por Fuco Reyes dentro do espazo de fotografía da Aula de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela. Foi de esta experiencia de onde me surxiu a posibilidade de participar na primeira exposición colectiva do fotoforum Compostela, no que vai a ser a primeira exhibición pública do meu traballo.

 

A miña imaxinería está influída sobre todo pola unha gran paixón cinematográfica. Atráeme especialmente a estética do cine de xénero, sobre todo a do cine fantástico, desde Murnau a Hayao Miyazaki pasando por  Roger Corman. Entre os fotógrafos que máis estimulan a miña creatividade incluiría a grandes clásicos coma George Hurrell, Robert Mapplethorpe, Annie Leibovitz e David Bailey.

"People say photographs don't lie, mine do" (David LaChapelle)


Eu apúntome a esta cita. De feito, considero que empecei a estar un pouco satisfeito coas miñas fotos cando interioricei algo que agora me resulta obvio: que as fotos nunca representan a realidade, senón a visión subxectiva do autor e, polo tanto, calquera parecido coa realidade é unha mera coincidencia. Esta revelación tivo lugar fai soamente uns días así que agardo que unha vez dado este gran paso poida desenvolver un traballo máis coherente no próximo futuro. Poderedes xulgar si teño éxito en este empeño nas miñas galerías en flickr, facebook, panoramio e en esta propia páxina.

(Meira, Lugo, 1965)

bottom of page