top of page

Enrique Girón Martínez

Enamorado da fotografía dende pequeno, tiven a miña primeira cámara con 19 anos. Unha Ricoh KR5 comprada con gran esforzo (para ser un estudante).


Dende sempre, tiven fixación polo retrato. Fotografiar ás persoas no seu mundo, nos seus momentos de lecer, ... Pero cada vez é máis difícil, xa que a xente está moi cansa de ser fotografiada.

 

Alumno do fotógrafo Fuco Reyes en clases de Composición, Creatividade, Proxectos fotográficos, Fotografía nocturna, ...

Gústame a luz e o seu control, incluso coa luz natural. As miradas, os xestos, a xente en xeral. Por iso, os meus grandes mitos son fotógrafos como Helmut Newton, Richard Avedon, Fred Stein ou Man Ray.

(1959)

bottom of page