top of page

Luís Gayol

Ademáis de ser fillo dun afeccionado á fotografía (meu pai, Xusto Gayol), ter asistido con el  as reunións da antiga Sociedade Fotográfica da Coruña, dúas cousas me levaron á Fotografía:  unha foto de Irving Penn (Retrato de John Marin) e a maxia de ver xurdir a imaxe positiva na cubeta do revelador. Aprendín, fun profesional, dei cursos de iniciación, traballei en TVG e...aterrei no mundo dixital. Busco  entender o que vexo e, as  veces, o consigo. Heroes... meu pai, mil máis e Viviana Maier sen esquencer a Steve McCurry. A primeira cámara, tras uns tanteos previos, unha Yashica Minister-D. O meu estilo favorito: a reportaxe fotográfica (contén todos os demáis e, as veces, tamén a verdade).

EXPOSICIÓNS

• Sala O PATACÓN (A Coruña). 1979 e 1983
• Exposición Colectiva Itinerante NOVOS FOTÓGRAFOS CORUÑESES
• Exposición conxunta con Xosé Abad na Sociedade Fotográfica Coruñesa.
• Ateneo da Coruña no Kiosko Alfonso. Colectiva organizada por a Comisión da Muller.
• Exposición Colectiva Itinerante 12 x 12 =144 Cómplices. Organizada por a Galería Arte Menudo.
• Mostra Colectiva Proxecto ANDANTE. Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense)

(A Coruña, 20/10/1949)

bottom of page